PROXECTO GAMA

Palas de Rei

PROXECTO GAMA

É unha iniciativa pioneira a nivel mundial para a produción de Lyocell, unha fibra téxtil elaborada a partir de celulosa procedente de madeira de eucalipto galega certificada que, na actualidade, se comercializa fóra de Galicia.

Trátase dunha planta de última xeración, en liña coas directrices da UE, que situará a Galicia na vangarda dunha nova industria baseada na sustentabilidade, a innovación e a mellora continua.

PROXECTO GAMA

Xestión responsable e sostible

Materia prima de proximidade e excedente

Nivel de exixencia medioambiental superior ao exixido por lei

Uso circular e responsable da auga

Autosuficiencia enerxética

Creación de emprego de calidade e dinamización da zona

Sen combustibles
fósiles

POR QUE LYOCELL?

Porque ten múltiples aplicacións industriais que reclaman a súa utilización.

Sector da
moda

Sector téxtil doméstico

Outros sectores: industrial, médico

Calidade

As propiedades únicas do Lyocell convérteno nun tecido sostible moi atractivo.

Fibras téxtiles 100% biodegradables

Procesos de embranquecido con tecnoloxía libre de cloro

Tratamento a partir de produtos químicos disolventes non tóxicos

Proceso de fabricación eficiente que utiliza poucos recursos naturais en comparación con outras fibras, fundamentalmente de orixe fósil

Minimización da pegada de carbono

Pegada de carbono asociada ao proceso de produción (tCO2e/t fibra)
O deseño integrado da planta permite a produción de Lyocell con mínimas emisións de CO2

COMO O FACEMOS?

É un proxecto baseado na economía circular, no que todo se optimiza: auga, residuos e enerxía. Ademais, está deseñado atendendo a uns niveis de exixencia ambiental moi superiores aos que marca a lexislación europea, española e galega.

COMPROMISO

XERACIÓN DE EMPREGO

En torno a 500 empregos directos de diferentes cualificacións

– Preferentemente de persoal da comarca
– Formación específica

2.000 empregos indirectos estimados

– Loxística, hostaleira, talleres mecánicos, servizos industriais…

+4.000 empregos en períodos pico durante a construción

EMPREGOS DIRECTOS ESTIMADOS

EMPREGOS INDIRECTOS ESTIMADOS

EMPREGOS DURANTE AS OBRAS

RESPECTO AO CONTORNO

Minimización do impacto visual:

– Aproveitando desniveis do terreo
– Cinto verde de especies autóctonas

Utilización de materiais e tecnoloxías redutoras de ruído

Ausencia de olores

RELACIÓN COA COMUNIDADE

Apoio a proxectos sociais, deportivos, educativos e medioambientais

Colaboración con centros formativos (institutos, universidades, etc.)

Integración de persoas mozas para a realización de prácticas profesionais e curriculares

Prácticas de verán na empresa para fillos de empregados e para estudantes das escolas locais

 

USO DA AUGA

CAPTACIÓN INFERIOR A

m3/día CON IDÉNTICA DEVOLUCIÓN DE AUGA DEPURADA

m3/día CAUDAL MÁXIMO DE DESEÑO

ENERXÍA

A produción de enerxía térmica e eléctrica requirida para o proceso será de orixe renovable a partir da valorización de subprodutos do proceso produtivo.

PREGUNTAS FRECUENTES

Sobre o proxecto

Que superficie total ocupará a factoría de GreenFiber?

A área destinada á implantación da factoría ocupará soamente unha superficie de 112 ha. Estará situada nunha parcela de 366 ha. na que, ademais, plantarase un cinto verde de especies autóctonas que ocupará 61 ha. O resto da parcela -193 ha. aproximadamente- conservarase no seu estado actual.

Que se fabricará en GreenFiber?

Fabricaranse dous produtos finais a partir da madeira do eucalipto, ambos de base celulósica e, por conseguinte, biodegradables. Un deles serán as fibras solubles para aplicacións téxtiles, que se venderán soamente a industrias do sector téxtil e que non serve para as “habituais” industrias papeleiras. Outro será o Lyocell, unha fibra téxtil coa mesma base celulósica, que se producirá na mesma planta utilizando directamente o primeiro produto como materia prima.

Cabe destacar que o Lyocell é unha fibra 100% biodegradable, que non carrexa a xeración de microplásticos que poidan chegar a ríos ou océanos, como sucede coa maioría das fibras téxtiles que se producen e utilizan actualmente (p.e. poliéster).

Vaise producir celulosa para a fabricación de papel?

Non. Nesta planta extraerase a celulosa da madeira para producir exclusivamente fibras téxtiles e/o fibras solubles que é a materia prima para aplicacións téxtiles. É dicir, son produtos diferentes da pasta de papel, cun proceso de produción distinto e, por tanto, os seus impactos tamén son diferentes.

Cal será o destino final das 400.000 toneladas de celulosa que se van a producir? Que porcentaxe deste material se vai destinar á produción de Lyocell?

A fábrica está deseñada para chegar a producir anualmente un máximo de 400.000 toneladas de fibras solubles que é a materia prima para aplicacións téxtiles, das cales 200.000 toneladas serán destinadas directamente a produción de Lyocell e/ou outras fibras téxtiles. O obxectivo é que nun futuro se poida integrar a totalidade das fibras solubles en produción de Lyocell. Parte desta ampliación pode ser feita a partir de procesos de reciclaxe de tecidos téxtiles a incorporar no proceso produtivo xa existente.

A porcentaxe que non se destine á produción de Lyocell comercializarase fóra de Galicia?

Así é. Unha parte utilizarase directamente para producir Lyocell nas propias instalacións e outra parte venderase á industria de produción de fibras téxtiles sostibles de características similares á nosa.

Con que investimento contará o proxecto? Será compatible con axudas públicas?

De acordo coas últimas previsións e estudos realizados, o investimento será superior aos 850 millóns de euros e espérase un apoio por parte do Goberno central en torno ao 25% do total do investimento, sobre o cal existen conversacións directas neste sentido.

De onde sairán os 1,2 millóns de toneladas de eucalipto que utilizará GreenFiber?

A planta de Greenfiber nutrirase de eucalipto excedente, que actualmente se está comercializando fóra de Galicia por falta de mercado interior. Isto implicará un beneficio para o sector madeireiro, ao poder vender esa madeira en proximidade, reducindo os custos de transporte.

Contribuirá este proxecto a aumentar a eucaliptización de Galicia?

Non, en absoluto. O eucalipto que se utilizará na planta é o que xa se está producindo actualmente. Non será necesario incrementar a superficie das plantacións.

Uso da auga

É verdade que a factoría consumirá 46.000 metros cúbicos diarios de auga?

A planta de Greenfiber está deseñada para poder usar (non consumir) un máximo de 46.000 m3 ao día. Esta cifra só existe para situacións de emerxencia ou necesidade puntual e non representa uso diario. Na primeira fase contémplase unha captación máxima de 20.000 m3/día. A diferenza entre usar e consumir está en que a cantidade de auga captada devólvese ao río unha vez depurada.

A auga devolverase ao río sen ningún contaminante?

A auga será depurada antes da devolución, cumprindo rigorosamente con todos os parámetros esixidos no Plan Hidrolóxico Galicia Costa 2021-2027 (PHGC, que é máis restritivo que calquera outro plan europeo). Isto garante que non se afectará o estado actual do río Ulla, tal e como reflicten os estudos de dispersión realizados da auga devolta ao río.

A que temperatura se devolverá a auga ao río

Tal e como contempla a lei, o proceso garante que a auga retornada ao río, ao mesturarse co caudal natural, non provocará unha variación da temperatura do mesmo maior de tres graos por encima ou por baixo.

Por que a auga se devolve ao río e vólvese a captar en lugar de reutilizala directamente dentro da fábrica?

Trátase dunha cuestión estritamente técnica. O encoro de Portodemouros presenta malas condicións hídricas, con nitróxeno, fósforo, etc. Isto significa que temos que sobrecargar o noso tratamento de auga para eliminar estes mesmos produtos. Polo momento, a tecnoloxía non permite reutilizar máis auga purificada, xa que a carga de tratamento da auga para a fábrica é moi alta.

Contaminación Atmosférica

Como afectarán á atmosfera os gases causados pola xeración da enerxía necesaria para a factoría?

A enerxía da fábrica producirase a partir do vapor de alta presión xerado nunha caldeira. Esta caldeira queimará os subprodutos da madeira que non serven para a produción de fibras. Os gases xerados por esta combustión son tratados antes de ser liberados á atmosfera, garantindo tanto o estrito cumprimento de todos os parámetros esixidos (incluso superando algúns deles) como as respectivas concentracións. Co estudo de dispersión realizado (cuxa información se presenta na documentación ambiental) non se prevé ningún impacto negativo na atmosfera nin na contorna que sexa prexudicial para a saúde humana ou o medio biótico.

Con todo, no estudo prevense emisións de xofre, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado, para o que se instalará unha cheminea de 75 metros de altura.

O tratamento previo dos gases garante que, en todos estes parámetros, as concentracións están por baixo das esixidas nas mellores técnicas dispoñibles da comunidade europea (BREF’s). A altura de 75 m para a cheminea foi precisamente definida en base a un estudo de dispersión que garante a non afectación prexudicial á saúde humana ou dos animais.

Con todo, algunhas voces falan de que os gases tóxicos provocarán unha choiva aceda nun radio de 10 e 30 quilómetros

Todos os gases antes de ser emitidos á atmosfera serán debidamente tratados, garantindo non só o cumprimento de todas as concentracións que a lei esixe, senón mesmo indo máis aló nalgúns destes parámetros. Así, nestas condicións, xa comprobadas no estudo de dispersión realizado, demóstrase que non hai posibilidade de que ocorran as denominadas “choivas acedas”.

Vai desprender mal cheiro, como todas as celulosas?

Non. O proceso técnico é diferente ao das antigas celulosas de papel. Nesta planta empregaranse as máis avanzadas tecnoloxías onde todos os gases olorosos serán captados para ser reutilizados no proceso de produción de enerxía. Deste xeito pódese dicir que será unha planta con ausencia de malos cheiros.

ATENCIÓN Á FAUNA E Á FLORA

Como afectará a actividade da fábrica á fauna e flora local?

O feito de que as emisións á atmosfera cumpran estritamente todos os parámetros esixidos pola lei (quedando mesmo nalgúns deles por baixo das concentracións requiridas) e que a auga se devolverá ao río unha vez depurada, garante que o estado actual do río non se cambiará e que a actividade da fábrica non supoñerá ningún impacto na fauna nin a flora local. Nin tampouco na actividade agrogandeira.

E ao consumo humano?

Non se verá afectado pola actividade da fábrica.

E á Ría de Arousa e ao marisqueo?

Na medida en que a auga se devolverá ao Ulla depurada, cunha calidade que non cambia o estado actual do río, prevese que chegará á Ría de Arousa nas mesmas condicións e, por iso, non afectará os bancos marisqueiros.

No estudo afírmase que o impacto será moderado é compatible isto coa afectación nunha zona que alberga varias especies en perigo de extinción e endemismos únicos en Galicia?

 Tendo en conta os estudos e recomendacións de expertos na materia, tomáronse todas as medidas necesarias para preservar especies autóctonas e de especial protección. Entre estas medidas destaca, por exemplo, a modificación ou adaptación do deseño da planta, o traslado do punto de devolución de auga tratada a varios quilómetros de distancia, ou a reserva de áreas específicas dentro da planta, dedicadas a favorecer o crecemento e preservación de especies singulares.

Participou algún biólogo no deseño de proxecto?

No deseño do proxecto participaron máis de 200 profesionais especializados de todas as disciplinas. Entre eles, por suposto, atópanse biólogos que participaron nos estudos requiridos.

Afectación á PAISAXE

Como afectará á paisaxe a construción dunha factoría en pleno Camiño de Santiago?

O deseño da fábrica está exposto para minimizar ao máximo o impacto visual desde o camiño de Santiago, cuxo punto máis próximo á fábrica está a 3 quilómetros da mesma.

Que medidas correctoras se aplicaron para paliar este impacto?

Aproveitouse a orografía do terreo para situar as instalacións máis voluminosas nas zonas máis baixas e exponse un cinto verde de 61 hectáreas para minimizar o impacto visual.

Expropiacións

Será necesario expropiar terreos para a fábrica?

A intención de Greenfiber é negociar directamente cos propietarios a compra das leiras afectadas (e non a expropiación). Para iso, estableceu xa contacto cos propietarios afectos á área de implantación industrial, que se mostraron favorables, na súa inmensa maioría, a chegar a un acordo coa empresa unha vez que o proxecto teña as autorizacións e recursos necesarios para poñerse en marcha.

Como afectará aos propietarios de leiras a instalación de 12,5 quilómetros de tubaxes para trasladar a auga desde o encoro á fábrica?

Todas as canalizacións irán baixo terra e, de maneira preferente, por terreos de uso público para minimizar as afeccións a propietarios privados, polo que se prevé unha afectación parcial.

En calquera caso, falarase e negociarase individualmente con cada propietario afectado para analizar o tipo de afectación en cada un.

EMPREGO

Os medios recolleron diferentes cifras de creación de emprego: 2.500, 500, 200… Cal é a previsión real de xeración de emprego?

A empresa sempre mantivo a mesma estimación de creación de postos de traballo: ao redor de 500 postos directos (con diferentes cualificacións e en sistema de quendas, para manter a actividade de forma permanente as 24 horas); 2.000 indirectos (servizos industriais, seguridade, limpeza, mantemento, loxística, transporte, hostalería, forestal…). Ademais, calcúlase que se superarán os 4.000 postos de traballo nos momentos pico da construción (construción, enxeñería, electricidade, fontanería, metalurxia…).